Grazas a todos os que apoiastes polo solidario evento de hoxe organizado por Ourensividad que pretende fomentar os hábitos saudables e difundir o gran patrimonio que ten Ourense, que é a súa lonxevidade. Lonxevidade que non se consegue dun día para outro, senón que é froito dun traballo milenario que permite que noso ADN interaccione coa nosa contorna dunha maneira saudable, niso consiste a epigenética. Unha riqueza afianzada pola súa alimentación de proximidade, os seus costumes, o seu aire , a súa auga, o seu termalismo e a súa xenética.
 
Moitas grazas as todos os que o fixestes posible, aos que participastes e colaborastes e en especial a Esperanza Cortiñas, un claro exemplo a seguir e un símbolo da nosa riqueza saudable.
 
Anímovos a que vos fagades socios, non ten ningún custo, nin traballo algún, todo son vantaxes que tentaremos vaian a máis co tempo.
 
Moitas grazas tamén a TVG , COPELa RegiónRadio Voz e todos os medios en xeral por axudarnos na difusión.